Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA
   Inicio << STEG Opina

O STEG RECLAMA O CICLO SUPERIOR DE IMAXE E SON PARA O CIFP QUE SE VAI CREAR EN LUGO

Desde o STEG cremos que este é o momento para demandar a creación en Lugo do Ciclo Superior de Imaxe e Son. Os motivos nos que nos baseamos son os seguintes:

  1. A diferenza entre as solicitudes e as prazas ofertadas:
    1. No IES Imaxe e Son de A Coruña no curso 2005-06 houbo 211 solicitudes (22 prazas ofertadas) para producción de audiovisuais, radio e espectáculos; 189 solicitudes (22 ofertadas) para realización de audiovisuais e espectáculos; 173 (22 ofertadas) para imaxe e 146 (22 ofertadas) para son.
    2. No IES de Bouzas de Vigo no curso 2005-06 houbo 30 solicitudes para 22 prazas para son. No curso seguinte, 06-07, houbo 56 solicitudes para primeiro de son e 37 para primeiro de PARE (producción de audiovisuais, radio e espectáculos).
  2. A nivel nacional non hai ningún CIFP que teña Imaxe e Son, polo que podería ser Lugo un centro de referencia para dar cursos de reciclaxe, cualificacións, etc.
  3. Ao ter que construír un centro novo, pódense prever os espazos para este tipo de estudos, que terán que ser moi específicos nos seus aspectos tanto arquitectónicos como técnicos.
  4. A TVG esixe cualificacións para traballar nela e non hai cursos suficientes.
  5. Na actualidade en Lugo, só hai Ciclos Superiores de Realización e Producción, pero na Deputación e son privados.

Pensamos, ademais, que se podería incluír o Ciclo Medio de Fotografía, o cal tería unha inversión menor e sería rendabilizado rapidamente.

A inversión pública ten que atender á demanda do lugar onde se realiza e, estando a tempo como estamos, sería unha posibilidade perdida a non instauración deste ciclo en Lugo.

Secretariado Nacional do STEG
maio 2007