Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio << STEG Opina

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza admite a trámite o recurso presentado polo STEG contra a Orde de relixión.

O día 27 de febreiro ven de publicarse no DOG a Resolución do 18 de febreiro de 2008, na que se recoñece á admisión a trámite polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza da admisión a trámite do Recurso presentado no seu día pola nosa organización.

CAL É A ORIXE DO RECURSO? :

No mes de xullo de 2007 a Consellería sorprende cunha Orde coa que ademais de facer indefinido ao profesorado de relixión, permitía a este grupo ocupar direccións e cargos directivos ademais de ser titores, permitíaselle realizar funcións propias do funcionariado docente como titorías, dinamizacións da convivencia escolar, bibliotecas.... A presión do STEG nesa mesa sectorial ( o único sindicato que nese momento xa expresa a súa intención de recorrela ) fai posible que se elimine o punto que permitía ocupar direccións e cargos directivos, manténdose a posibilidade da realización de outras funcións docentes.

A CAMPAÑA DO STEG

Desde o momento da aprobación da Orde o STEG comeza unha campaña en contra da mesma. A primeira medida consiste na denuncia ante os medios de comunicación de que Galiza era o primeiro territorio do Estado onde se permitía esta situación. Nunha rolda de prensa denunciamos ante os medios a problemática situación que abría esta Orde desatacando o paradoxo de que unha persoa non cursando a materia de relixión poderá ter de xefa/e de estudios, titora/r, dinamizadora/r,etc., a unha persoa que non accedeu ao seu posto de traballo por un concurso obxectivo senón mediante unha selección subxectiva realizada polas autoridades do credo correspondente, en función da coincidencia ideolóxica coa confesión que profese.
Nese mesmo mes desde o STEG enviamos unha carta a todas as delegacións do PSOE do estado para dar a coñecer o que este partido estaba a facer en Galiza demandando a retirada da Orde.
Puxemos en coñecemento da nosa Asesoría Xurídica á Orde para o estudio do recurso que neste momento está aceptado a trámite.
Iniciamos unha campaña co envío aos 1500 centros públicos de Galiza dunha explicación da Orde e da nosa postura e accións ao respecto ademais de priorizalo nas nosas visitas con máis de 200 centros visitados neste trimestre.

QUE SEGUIMOS A FACER?

Denunciamos todos os casos onde este persoal ocupa cargos directivos e tamén ó que imparte materias distintas da relixión.
Neste momento temos solicitado ante todas as Xuntas de Persoal provincial a relación do persoal da materia de relixión que ocupa cargos directivos e imparte outras materias distintas daquela para a que están habilitados.
Temos a nosa Asesoría Xurídica á disposición do profesorado e de nais e pais que pretendan denunciar situacións concretas.
Estamos a facer un estudo comparativo cos demais territorios do Estado sobre as funcións que lles permiten a este colectivo.

 

Secretariado Nacional do STEG
marzo 2007