Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio << STEG Opina

“A CONSELLERÍA PENDURA POR SORPRESA O BORRADOR DO DECRETO DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE” 1

A Consellería de Educación e O.U. pendura por sorpresa  e ás agachadas  na súa web o borrador do decreto de atención á diversidade

 

O pasado  día 8 de xaneiro a  Consellería de Educación e O.U. publicou no seu portal educativo o Borrador do Decreto de Atención á Diversidade para que se lle fagan alegacións antes da súa publicación nun prazo de dez días hábiles. En aras da transparencia e boa práctica da administración  non colocan o documento na páxina principal senón no apartado de actualidade.

O STEG rexeita este borrador de Decreto e así llo fixo saber á Consellería presentando na Mesa Sectorial unhas emendas ás que apenas respostaron e que polo tanto non tiveron en conta.

Por unha escola inclusiva e por unha mellora da calidade do noso ensino atendendo á diversidade animámosvos a facer as alegacións que vos parezan oportunas,  podedes consultar as nosas emendas e se vos parecen oportunas copialas e envialas.

Correo electrónico onde envialas achegas ata o luns  19 de xaneiro (10 días hábiles desde a súa aparición na web) dxoie@edu.xunta.es

Consulta aquí as nosas emendas e o noso artigo sobre o tema .

 


    Secretariado Nacional do STEG
    xaneiro de 2009