| SINDICATO 
        DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA | |
|   Inicio << 
STEG Opina | 
| A Consellería de Educación elimina a posibilidade de que as nais e pais elixan a lingua galega en Infantil Con esta medida demóstrase que o Presidente e goberno da Xunta menten ao eliminar a posibilidade de elección que din defender. Para o STEG o seu discurso da liberdade só ten un obxectivo: eliminar o galego do ensino . No tramo de educación infantil a lexislación vixente di que a lingua da escola será a maioritaria entre o alumnado. Esta norma é a que contemplaba a lexislación do ano 1995( Artigo 4 do D.245/1995) do goberno de Fraga posteriormente recollido na actual lexislación. Nas zonas urbanas, tanto a realidade como os estudos sociolingüísticos (que inspiran o Plan de normalización lingüística, tamén do goberno Fraga e votado a favor polo actual presidente da Xunta), constataban unha perda de galegofalantes o que impedía o contacto coa lingua propia de Galiza. Esta situación impedía que as nenas e nenos galegofalantes tivesen un contexto no que desenvolverse na súa lingua. Para solucionar este problema a Orde permitía a liberdade de elección ás nais e pais ( nun complexo proceso), estando de acordo a comunidade educativa, para que existira esta aula para galego falantes sempre que se garantira outra unidade para castelán falantes. 
 
 Por outra banda o borrador da Orde polo que se regula a  implantación, o desenvolvemento e  a  avaliación do segundo ciclo de educación infantil en Galiza incumpre a  lexislación vixente en materia de normalización  lingüística xa que no artigo 6 referente   ao tratamento das linguas oficiais non recolle o artigo 7 do Decreto 124  onde di:  Para o STEG, con estas medidas, esta administración só persegue facer do  alumnado galego analfabeto lingüisticamente en galego e a medio prazo  a desaparición da nosa lingua. Na medida en que incumpre a lexislación  vixente o STEG recorrerá esta Orde se na vindeira mesa sectorial do xoves non  se rectifica e se cumpre a lei. Lamentabelmente  as únicas novidades lexislativas desta goberno en materia educativa non se  preocupan da calidade do ensino senón só de eliminar todas as medidas  existentes de protección da lingua.
         
 
 
 
 
 
 Secretariado Nacional do STEG Galiza 16 xuño de 2009 |