Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio << STEG Opina

O STEG non permitirá que a Consellería incumpra o compromiso asumido coas OOSS

A Consellería de Educación vén de publicar no DOG de hoxe unha resolución que modifica as vacantes definitivas do Concurso Xeral de Traslados. Nesta resolución elimínanse 55 vacantes de nova creación que tiñan como función cubrir o cadro de profesorado que cada centro ten asignado. Este catálogo de profesorado xurde dun acordo da Consellería coas OOSS e debía estar cuberto para o inicio do próximo curso escolar.

Con esta modificación parece que o STEG estaba no certo cando acusaba a Consellería de querer aplicar a circular que remitiu á inspección. Circular que supuxo o levantamento da mesa sectorial de todas as OOSS con representación na mesma e posterior negociación. Nesta negociación á Administración comprometeuse a non aplicar a circular.

Pero parece que as intencións van por outro lado. Non entendemos esta redución de vacantes que está directamente relacionada coa supresión de unidades. Sorpende que esta importante redución non se negocie e sexa unha decisión unilateral da Consellería, cando terá unha gran repercusión na calidade do ensino, concurso de traslados, condicións laborais do profesorado…

Por tanto, para o STEG, está claro que o retraso da negociación ao día 9 responde só a unha estratexia ante as eleccións do próximo domingo. Non podemos permitir que a Consellería non cumpra coa súa palabra e engane as OOSS adiando unha negociación sobre a que xa toma unha decisión antes de negociar.
O STEG non permitirá esta política de feitos consumados, e loitará contra toda medida, que como esta, supoña un ataque ao ensino público, aos centros, ao profesorado e unha burla aos seus representantes legais.

Cadro resumo das vacantes eliminadas:

 
38
36
34
33
32
31
TOTAL
A Coruña
12
12
Lugo
11
1
1
13
Ourense
6
1
1
1
9
Pontevedra
15
2
1
2
20
TOTAL
44
2
2
1
2
3
54

 

Secretariado Nacional do STEG
xuño 2009