SINDICATO
DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA | |
![]() ![]() |
ACORDO AGRUPAMENTOS O STEG comeza a súa campaña de denuncia do incumprimento, por parte da Consellaría de Educación, do Acordo de Agrupamentos A FEGAMP ofrécelle ao STEG a súa mediación para que se cumpra o acordo da Xunta coas centrais sindicais sobre a ratio de alumnado nos agrupamentos de unidades de infantil e primaria Representantes do secretariado nacional do STEG informaron a Carlos Fernández que, de facerse efectiva a conxelación do acordo anunciada por Educación, deixaríanse de crear as 104 novas unidades previstas no 2º ano de aplicación do acordo e moitas funcionarían con ratios de alumnado por riba da media
O tempo é un factor importante, segundo apuntaron
os representantes do STEG, xa que este mesmo mes se está a comunicar
a cobertura de prazas vacantes para o vindeiro curso.
A Consellaría recorta dereitos ao alumnado do rural ao incumprir o acordo sobre as ratios nos agrupamentos de unidades de Infantil e Primaria Déixanse de crear máis de 100 postos de traballo tal e como comprometía o acordo. Máis de 100 unidades funcionarán cunha ratio superior á establecida.
Este incumprimento vai provocar a desigualdade entre centros ao rexerse uns por unha ratio e outros (podendo ser do mesmo concello) por outra distinta. Daranse moitos casos nos que, por exemplo, un centro con 19 alumnos/as de infantil teña dúas unidades e o colexio do lado teña que funcionar cunha soa aula e consecuentemente cun profesor ou profesora menos. Unha vez máis o argumento da crise segue a recortar onde máis se precisa investir. Ao peche de comedores e de colexios no rural hai que sumarlle agora esta medida, mentres millóns de euros se están a desviar para o ensino clasista concertado mediante subvencións aos colexios que segregan por sexo, a dotación de ordenadores do plan ABALAR, e con toda seguridade na creación de centros plurilingües. Ante esta situación o STEG inicia hoxe un conxunto de medidas de carácter informativo e mobilizador con obxectivo de que no inicio do vindeiro curso toda a comunidade educativa se manifeste contra esta traizón ao profesorado e ao ensino no rural co que se tiña adquirido un compromiso.
Ata o curso 2008-2009, para agrupar nunha mesma unidade,
e dicir nunha mesma aula, alumnado de distintos cursos ou mesmo de distintos
ciclos, a consellaría viña manexando, con carácter
xeral,os seguintes criterios: A finais de 2009 a Consellaría mandou unha circular
á inspección segundo a cal para o seguinte curso se podería
agrupar en todos os niveles ata un máximo de 20 alumnos por aula. A unánime oposición sindical a esta medida conseguiu que a consellaría retirase a circular e se abriran negociacións para estipular as ratios no caso de agrupamentos de distintos niveis. Como froito desas negociacións, o STEG, CCOO,
UXT e ANPE acadamos un histórico acordo coa administración
que se resume nos seguintes criterios: Este acordo sen ningunha dúbida é o mellor que se ten asinado en todo o estado en canto a ratios. Aparte de evitar o peche de máis de 300 unidades significaba a creación de máis de 160 novas unidades. Subliñar por exemplo que no ensino infantil o alumnado máximo por unidade (aula) baixaba de 20 a 14 ou 12 segundo o caso. As supresión de unidades xa estaba paralizada e para a creación das novas, o acordo contemplaba un 50% no curso 2009-2010 e o 50% restante no curso 2010-2011. Segundo os nosos datos, para este curso queda pendente
a creación de 104 novas unidades repartidas por provincias como
segue:
Secretariado Nacional do STEG
|