| SINDICATO 
        DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA | |
|   Inicio << 
STEG Opina | 
| ORDE QUE REGULA OS CENTROS PLURILINGÜES O STEG solicita a retirada da Orde Desde o STEG queremos salientar que coincidimos coa Consellaría na preocupación polo deficiente coñecemento de linguas estranxeiras no noso país, e polo tanto coincidimos na necesidade de fornecer o sistema educativo de medidas de reforzo de aprendizaxe das mesmas. Ademais, apreciamos a referencia ao contexto europeo e especialmente á noción de plurilingüísmo tal e como é definida pola división de Política Lingüística do Consello de Europa, xa que entre os principais obxectivos do Plurilingüísmo están os de - Manter a riqueza e a diversidade lingüística do continente, Pedimos a Consellaría que sexa consecuente e faga todo o posible por acadar estes obxectivos co galego, agora que vén de descubrir o ben visto que está en Europa Desde o STEG queremos solicitar a retirada desta orde para substituíla por outra que garanta a consecución dun maior dominio nunha lingua estranxeira para o alumnado pero que non caia nos dous erros gravísimos que comete a Consellaría ao presentarnos esta.  -En primeiro lugar queremos salientar que desde o 
          STEG temos dúbidas fundamentadas sobre as bondades pedagóxicas 
          deste método de aprendizaxe de linguas estranxeiras, fronte a 
          outros métodos probadamente exitosos aos que non lle atopamos 
          ningún “dano colateral” como os que ten o proposto 
          polo CLIL. Abonda con dicir que a idea na que se basea, a noción 
          de currículum integrado, ten entre os seus obxectivos: “Demostrar 
          que a adquisición de contidos non lingüísticos prodúcese 
          con independencia de cal sexa a lingua vehicular empregada” Desde o STEG pensamos que máis que un auténtico 
          programa que promova a aprendizaxe de idiomas entre o alumnado, estamos 
          ante unha serie de medidas nas que a relación entre a rendibilidade 
          política e o custe para administración é redonda, 
          a pesares de non garantir os resultados que di buscar. Obxeccións ao articulado Temos que salientar tamén que os informes favorables 
          a esta experiencia que a propia Comisión Europea de Multilingüismo 
          emprega, fala de profesorado maioritariamente cun dominio fluído, 
          bilingües ou nativos na lingua a ensinar. Nada que ver co que esta Consellaría pretende, esixindo un nivel que está moi lonxe de permitir o ensino de ningunha materia nunha lingua da que só se ten un coñecemento de B2, e ningunha formación en AICOLE. Proposta de modificacións ao articulado Art. 2. Pedimos que a orde recolla qué entende a administración 
          por “impartir unha materia nunha lingua estranxeira”. Pola 
          experiencia das seccións bilingües, baixo a mesma denominación 
          agóchanse realidades moi diversas: profesorado que dá 
          só o léxico da materia e o material escrito na lingua 
          estranxeira e apenas adica unha parte da clase a falar nesa lingua, 
          profesorado que fala un día á semana, outro que introduce 
          algunhas expresións na conversa….Dado que se vai crear 
          unha denominación específica para os centros, darlle unha 
          acreditación ao alumnado e ao profesorado, coidamos que a administración 
          debe fixar os criterios que garantan que non se está a “vender 
          fume” ás familias. Art. 4. Preguntamos cal serán as actividades de formación para o centro (será para as persoas que forman parte do proxecto ou para todas as persoas do centro que o soliciten?) Estas actividades de formación, serán exclusivamente de formación na lingua a empregar ou terán contidos de AICOLE (Aprendizaxe Integrado de Contidos e Lingua)? 
 
 2. Consideramos que non debe comezarse por primeiro de primaria, xa que se trata dun curso no que o obxectivo é a aprendizaxe lecto-escritora. Parécenos unha aberración pedagóxica introducilo como lingua vehicular nas materias. 3. De que profesorado está a pensar ao falar de “dispoñibilidade do profesorado”? Esiximos que se inclúa “profesorado especialista”. Esiximos á administración que empregue este criterio “en función da dispoñibilidade do profesorado” para garantir unha maior optatividade, desdobre de agrupamentos, agrupamentos flexibles…todas as prácticas que sistematicamente ten prohibido en moitos centros a pesares da “dispoñibilidade do profesorado” 4. Como vai afectar ao curriculum da lingua estranxeira? Teremos alumnado aprendendo a dicir mínimo común múltiplo, morgado, peciolo…en inglés? Non é isto o tipo de competencia lingüística que se precisa para o dominio dunha lingua franca. En todo caso, de introduciren este tipo de modificacións no currículum, denunciamos que unha vez máis esta consellaría quere duros a catro pesetas, sen introducir un incremento nas horas de docencia na lingua estranxeira que si se contempla noutras comunidades autónomas (Madrid, Asturias..) 5. Con que orzamento? Coidamos que a adquisición de competencias curriculares non poden recaer sobre actividades extraescolares que non están ao alcance de todo o alumnado. Introduce unha discriminación económica entre eles. Que pasará entre o alumnado do rural e as actividades que supoñan un desprazamento? Quen as sufragará? Pedimos que se retire o relativo ás actividades extraescolares. 6. Que especifique linguas estranxeiras. Opoñémonos ao mesmo tratamento para as linguas ambientais do alumnado e as linguas estranxeiras. Os obxectivos a acadar son diferentes, polo que non ten sentido un tratamento metodolóxico e uns criterios de avaliación comúns. Non nos oporíamos á introdución dunha nova materia:estruturas comúns, que si tería sentido na visión integrada do alumnado sobre as diferentes linguas. 7. O mesmo que en Primaria: actividades extraescolares, que non comecen en primeiro… Art. 8. - Pedimos a retirada do punto 9, xa que aumenta a distancia 
          entre os centros que poden optar ao programa, en lugar de reducilo. 
          Pedimos que se manteñan os criterios habituais para a participación 
          na formación específica, así coma un verdadeiro 
          plan de formación do profesorado que de resposta á demanda 
          real existente.  - Esiximos saber a dotación económica así como os contidos deste programa. Esiximos que inclúa cursos de formación obrigatorios en AICOLE (Aprendizaxe Integrado de Contidos e Lingua). Art. 11. Art. 12. -Demandamos a eliminación do punto 3 e 4, xa que afonda na desigualde para o alumnado de centros que non opten a este programa. Artigo 13. Art. 14.  Art.17  Secretariado Nacional do STEG |