SINDICATO
DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA | |
![]() ![]() |
DECRETO DE GALEGO O informe do Consello Consultivo evidencia a soidade do goberno
O STEG no seu boletín de febreiro recollía, entre outras razóns de oposición ao Decreto, as razóns legais. O informe da nosa asesoría xurídica xa adiantaba as dúbidas de carácter legal da nova normativa. Confirmadas as nosas dúbidas polo Consello consultivo o STEG lémbralle ao goberno que a sociedade galega vén falando alto e claro en contra do decreto desde que se presentou o borrador , e que o rexeitamento ao mesmo é tal que non poderá aplacalo pola vía de incorporar suxestións que permitan sortear a ameaza de ilegalidade. O contido total do decreto, partindo xa do espírito
co que xurdiu, fan deste un decreto completamente ilexítimo que
abundará na fractura social que o goberno semella decidido a
crear ao redor da lingua. Demandamos, xa que logo, que o PP volva ao
consenso do ano 2004 e admita que non pode aprobar un decreto sobre
este tema de costas a toda a sociedade.
|