Adxudicación definitiva
Convocatoria
Xubilacións 2023:
Proposta de vacantes remitida dende Inspección:
Vacantes provisionais:
07/02/2024: Publicación de solicitudes de participación co baremo actualizado e apertura de reclamacións por correo electrónico do concurso xeral de traslados, e dos concursos específicos de orientación e de adultos para o curso académico 2023/24
A partir de hoxe día 7 de febreiro de 2024 o persoal concursante poderá consultar o baremo do concurso xeral de traslados e dos concursos específicos de orientación e de adultos para o curso académico 2023/24 no menú Listaxes concurso, submenú Listaxe de instancias.
Poderán, así mesmo, formular as reclamacións que coiden oportunas mediante o correo electrónico persoal.primaria@edu.xunta.gal ou persoal.secundaria@edu.xunta.gal segundo o corpo de persoal docente polo que se participa para o que deberá indicar no asunto da mensaxe: “Reclamación CXT”, “Reclamación ORI” ou “Reclamación ADULTOS” segundo corresponda.
O prazo para formular reclamacións abranguerá desde o día 07/02/2024 ata o día 14/02/2024, ambos incluídos.
- Adxudicación provisional e persoas excluídas do CXT 2024. Reclamación e renuncias do 16 ao 29 de febreiro.
- Resolución de 27 de febrero de 2024 (vacantes definitivas)