ITINERANCIAS
O STEG asinará o acordo sobre o profesorado
itinerante
Despois de moitos anos reivindicando unha negociación sobre as
condicións de traballo do profesorado itinerante, por fin se chegou
a un acordo coa Consellaría.
Galiza era un dos poucos territorios do estado onde non estaban reguladas
as condicións de traballo deste colectivo.
O STEG felicita e saúda a unidade sindical conseguida e á
Consellería por asumir a maioría das nosas reivindicacións.
Resumo do contido do acordo asinado:
-
Ten a consideración de profesorado
itinerante o que desempeñe postos de traballo que
comprenden máis dun centro educativo ubicados en distinta localidade.
En todo caso considérase profesorado itinerante o que imparte
docencia nos Colexios Rurais Agrupados e as orientadoras e orientadores
que teñan centros adscritos ou presten servizos en centros
compartidos.
-
Redución lectiva semanal:
- Ata 50 Km: 2 horas
- Desde 51 Km ata 100 Km: 3 horas
- Desde 101 Km ata 150 Km: 4 horas
- Máis de 150 Km: 5 horas
- Excepcionalmente, en función da orografía galega
e da infraestructura viaria na que se atopen os centros nos que
se itinera, ou cando a distancia a percorrer supere os 200 Km.,
as Xuntas de Persoal poderán establecer, ademais, unha
compensación horaria de ata dúas horas de horario
lectivo.
-
Os postos de traballo itinerantes serán
de aceptación voluntaria para os funcionarios
e funcionarias docentes.
-
Titorías. Non se asignarán
titorías ao profesorado que desempeñe postos de traballo
itinerantes mentres o resto do profesorado, exceptuando o equipo directivo,
non as teña adxudicadas.
-
Períodos de recreo. Sempre
que sexa posible dentro da organización dos centros os períodos
de recreo non se utilizarán para itinerar.
-
Desprazamentos e compensación económica.
O profesorado itinerante terá dereito a percibir os
custos de locomoción cando se desprace desde o centro base
a outro centro educativo ou desde un centro educativo a outro, conforme
á normativa xeral da Xunta de Galicia para o seu funcionariado.
Este punto aplicarase con efectos do 1 de setembro do 2007
-
Transformación dunha praza en itinerante.
A transformación dunha praza ordinaria en praza de itinerante
ou o incremento nun cincuenta por cento ou máis da itinerancia
dará dereito ao persoal titular da mesma a pasar á situación
de suprimido ou suprimida ou a permanecer con destino definitivo na
praza.
-
Aquelas profesoras que se atopen en período
de xestación poderán deixar de itinerar a partir
do quinto mes de embarazo, pasando a realizar tarefas de apoio ou
outras actividades no centro base ou no que determine a Delegación
Provincial da Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria. A Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria nomeará un profesor ou profesora substituto ou
substituta para garantir a prestación dos servizos educativos:
Este punto será de apliación no presente curso.
-
Axudas no caso de accidente. O
profesorado itinerante terá dereito ás axudas para custos
por accidente de automóbil que anualmente convoca a Consellería
de Educación e Ordenación Universitaria.
-
Seguros e créditos. A Consellería
de Educación promoverá que as compañías
de seguros de accidentes, vida e de automóbil lles oferten
ao profesorado itinerante pólizas máis favorables que
as existentes no mercado; así mesmo negociará con entidades
crediticias aos efectos de que estas poidan ofertar aos itinerantes
créditos brandos para a adquisición de vehículos
en condicións tamén máis favorables que as existentes
no mercado.
-
Aplicación do acordo. As
disposicións do presente Acordo producirán efectos a
partir do inicio do curso académico 2008/2009, agás
o apartado sexto, que terá efectividade do 1 de setembro de
2007 e os apartados sétimo e oitavo que terán efectividade
do 1 de xaneiro de 2008.
|