Admitido
o recurso do STEG contra a asignatura de Sociedade, cultura e relixión O
Tribunal Supremo admitiu a trámite o recurso presentado en setembro de
2003 pola Confederación de STEs-intersindical, da que o STEG forma parte,
contra os decretos 830/2003, 831/2003 e 832/2003, todos eles de 27 de xuño,
en relación cos preceptos que regulan a área de Sociedade, Cultura
e Relixión, sen prexuízo de estender a impugnación a outros
preceptos de ditos reais decretos, segundo se concretará no escrito de
demanda.
Desde o STEG sempre defendemos unha escola pública e laica
na que a relixión non forme parte do currículo. A chegada da LOCE
virá, pois, a empeorar unha situación que xa de por si non compartíamos:
o gabinete da ministra Pilar Del Castillo atendeu todas e cada unha das "suxestións"
dos bispos e as patronais, xa que difícil era chegar mais lonxe con unha
asignatura de relixión que agora será avaliable e cunha artificial
división en dous compartimentos, confesional - aconfesional, este último
cuns currículos que por momentos rozan o aberrante, como nun apartado en
cuxo epígrafe se funde o ateísmo cos movementos totalitarios e o
holocausto. A Confederación de STEs-i emprende unha campaña,
individual e conxuntamente con outras organizacións, para explicar o que
ao noso modo de ver é unha medida que atenta contra a Constitución,
e que contribuirá a que o sistema educativo do Estado español se
alonxe, un pouco mais, do modelo laico e científico que propugnamos.
|