"Coa nova Lei pode darse que nun
mesmo centro, nun mesmo curso e grupo de alumnado e á mesma hora se impartan
simultaneamente a relixión católica, evanxélica, musulmana,
xudía e a alternativa non confesional. Cada profesor reúnese cos
seus "adeptos", a quen confirma nas súas crenzas (e, nalgúns
casos, contra as crenzas dos seus compañeiros de clase), sen posibilidade
de diálogo nin comunicación interrelixiosa. Ao cabo dámoslle
a razón a Huntington e convertemos a escola no espazo privilexiado para
o choque de civilizacións." J.J. Tamayo Cátedra
de Teoloxía I. Ellacuría [El País, 15-09-2003] AOS
MEUS IRMÁNS BISPOS... "Neste verán, algunhas actuacións
ou palabras da autoridade eclesiástica provocaron dor e queixa na opinión
pública. Tanta, que alguén de entre vós chegou a falar dun
renacer do anticlericalismo e de persecución contra a Igrexa. Non descoñezo
os reberetes sectarios dalgúns anticlericalismos hispanos. Pero temo que
o que chamades persecución non é máis que a saturación
e fartura de boa parte da sociedade (tanto de non crentes coma de moitos cristiáns)
contra modos de actuar que nos son difíciles de entender. Estas liñas
tentan dicirvos, desde dentro e desde a fraternidade, o que outras moitas voces
din desde fóra e desde a desconsideración. Procurei contar ata cen
antes de falar (e non cen segundos, senón cen días), para facelo
con calma e sen resentimento. Quero ser cristián e selo coa máxima
fidelidade ao Evanxeo. Pero debo confesarvos que a institución eclesiástica
é a cruz da miña fe. [...]" José
Ignacio Glez. Faus Teólogo [revista IRIMIA, nº 685]

Plataforma
cidadá por unha
sociedade laica
|