|   A 
                  Consellaría de Educación volve concertar colexios 
                  do OPUS que segregan ao alumnado por cuestión de sexo 
                   
                  O STEG CONSIDERA ESCANDALOSA 
                  ESTA DECISIÓN POLÍTICA 
                   
                  Iniciamos un conxunto de  mobilizacións 
                  co fin de mudar a decisión da Consellaría 
                 A 
                  nosa asesoría xurídica vén de estudar as 
                  últimas sentenzas sobre o recursos presentados contra 
                  estas prácticas noutros territorios do Estado Español 
                  para consolidar a viabilidade do recurso xudicial.  
                Logo deste estudo a conclusión é 
                  clara: a sentenza do Tribunal Supremo (abril do 2008) deulle 
                  a razón á Xunta de Castela-A Mancha que decidiu 
                  negarlle a posibilidade de subvención a estes colexios. 
                  Dita sentenza posibilita á Consellaría de Educación 
                  a negarlles o concerto aos centros que segregan ao alumnado 
                  por cuestión de sexo, xa que deixa ao criterio dos territorios 
                  a súa concesión ou non. É máis, 
                  a Consellaría está a incumprir o seu propio Decreto 
                  de marzo de 2007 que regula a admisión de alumnado nos 
                  centros públicos e nos concertados , segundo o cal, no 
                  artigo 2º.4 se di claramente que "en ningún 
                  caso haberá  discriminación na admisión 
                  do alumnado por cuestión de sexo..." 
                Trátase, polo tanto, dunha decisión 
                  política e a Consellaría non tivo, ao 
                  igual que noutros casos anteriores, a coraxe de facer unha auténtica 
                  política progresista e de cambio. Estamos, como 
                  xa dixemos, ante unha decisión política, 
                  que segue a favorecer un ensino ultraconservador e fomentador 
                  de valores e políticas contrarias ao espitiru da LOE  
                  en todo o referido á coeducación.  
                Por este motivo o STEG iniciará un conxunto 
                  de mobilizacións e denuncias para que a Consellaría 
                  rectifique e anule as subvencións a este tipo de colexios. 
                  Se para o STEG é unha sen razón a existencia do 
                  modelo concertado, resulta máis alarmante  a concesión 
                  de axudas a modelos discriminadores por razón de sexo. 
                MOBILIZACIÓNS :  
                MÉRCORES 8 ÁS 11.30HS CONCENTRACIÓN 
                  DIANTE DA CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN. 
                SOLICITUDE ENTREVISTA COA CONSELLEIRA.  
                DENUNCIA NA MESA SECTORIAL 
                INICIO DE ACCIÓNS XUDICIAIS CONTRA A ORDE 
                  POLA QUE SE SUBSCRIBEN OU SE MODIFICAN OS CONCERTOS EDUCATIVOS 
                Secretariado Nacional do STEG  |