As organizacións que conformamos a plataforma pola defensa dos servizos públicos, decidimos realizar dúas accións durante este mes de outubro en protesta polos recortes nos servizos públicos.
A primeira delas foi a de pecharse no edificio do concello de Santiago de Compostela. Parte das delegadas e delegados sindicais puideron acceder ao interior do concello, quedando fóra algunhas delas. A estas últimas, querendo facer uso do seu dereito a entrar para manter unha xuntanza sindical, non se lles permitiu a entrada por parte da policía. Ante tal inxustiza decidimos acudir á comisaría a denunciar a vulneración do dereito á liberdade sindical, onde se nos dificultou facer a denuncia na nosa lingua, feito que tamén denunciamos.
A segunda delas é a convocatoria dunha manifestación, o vindeiro 15 de outubro ás 19:00 horas, en todas as comarcas. A manifestación da Coruña será a central dese día.