Lexislación · Profesorado · PERMISOS E LICENZAS · PERMISOS

Accidente ou enfermidades moi graves

Art. 13º-

Décimo terceiro.- Permisos por accidente ou enfermidades moi graves

1. Nos supostos de accidente ou enfermidade moi grave do cónxuxe, parella de feito ou dun familiar dentro do primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, o persoal funcionario
docente terá dereito a un permiso retribuído para atender o coidado desas persoas cunha duración máxima de trinta días naturais.

Excepcionalmente, poderá gozar deste permiso un familiar en segundo grao cando non existan superviventes de primeiro grao ou estean incapacitados para atender o seu coidado ou se trate de persoas conviventes.

2. Cada accidente ou enfermidade xerará un único permiso que, dentro da duración máxima de trinta días, se pode empregar de maneira separada ou acumulada.

3. Se houbese máis dun titular deste dereito polo mesmo feito causante, o tempo de gozo deste permiso poderase ratear entre eles, respectando, en todo caso, o prazo máximo de trinta días naturais.

4. O permiso será concedido logo de informe da inspección médica educativa que determine que o accidente ou a enfermidade é moi grave e a necesidade de coidados para
atender a persoa enferma.

Poderase solicitar, con anterioridade á resolución, informe da comisión autonómica de inspectores médicos de educación.

5. A duración do permiso non poderá ser inferior a sete días naturais. Estes permisos que se concedan por tempo inferior aos trinta días naturais poderán ser prorrogados, logo de petición do persoal interesado e informe da inspección médica educativa, sen que a súa duración acumulada poida exceder os trinta días naturais.

6. No caso de gozo do permiso de forma partida ou por máis dun titular, os períodos deste non poderán rematar un venres e reiniciarse o seguinte luns.

7. O permiso finalizará se variasen as circunstancias que deron lugar á súa concesión.

Se a súa finalización implicase o inicio do gozo do permiso por falecemento, a substituta ou substituto continuará prestando servizos ata o remate deste último.

CONCÉDEO : titular da xefatura territorial

DOCUMENTACIÓN ESIXIDA:

– Documento médico que determine que o accidente ou a enfermidade é moi grave e a necesidade de coidados para atender a persoa enferma.

– En función de quen sexa o suxeito que xere o dereito ao permiso:
* Fotocopia cotexada do libro de familia ou da inscrición nun rexistro oficial de parellas de feito.
* Xustificación documental acreditativa de que non existen superviventes de primeiro grao ou están incapacitados para atender o seu coidado ou da convivencia cando excepcionalmente xere o dereito un familiar en segundo grao.
  graos de parentesco
 

 

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza