Aclaracións
Paga Extra do 2012 Estatal - Importes a percibir
A saída no BOE do día 02/01/2015 da Resolución do 29/12/2014 sobre os importes a percibir da parte da paga extra de decembro de 2012 eliminada ao funcionariado, xerou dúbidas en canto a quen afectaba e como se podía solicitar. O STEG quere aclarar algunhas cuestións:
- No BOE do día 2 de Xaneiro saíu a "Resolución de 29 de diciembre de 2014, conjunta de las Secretarías de Estado de Presupuestos y Gastos y de Administraciones Públicas, por la que se dictan instrucciones para la aplicación efectiva, en el ámbito del sector público estatal, de las previsiones de la disposición adicional décima segunda, de la Ley 36/2014, de 26 de diciembre, de Presupuestos Generales del Estado para 2015"
- Nas instrucións de carácter Xeral dise: "No resultarán de aplicación a los funcionarios de cuerpos nacionales transferidos a las Comunidades Autónomas, respecto de los que se estará a lo que éstas dispongan"
- O persoal que ten que facer a solicitude aplícase ao persoal que cambiara de "habilitación" respecto ao segundo semestre de 2012 ou non se atope na situación de servizo activo a 1 de xaneiro de 2015.
Polo tanto, esta resolución
non afecta ao funcionariado da Xunta de Galiza que percibirá a metade da paga, devengada desde o 1 de xuño ata o 14 de xullo de 2012 (22 días), da que vai percibir o funcionariado da Administración Xeral do Estado (44 días), neste ano 2015. O cobro regularase nun futuro próximo nun DOG por medio dunha resolución ou Orde.
Secretariado Nacional do STEG
Xaneiro de 2015