Disposicións xerais dos permisos por parto, adopción ou acollemento e do outro proxenitor por nacemento, acollemento ou adopción dun fillo
Art. 20º-
Vixésimo.- Disposicións xerais dos permisos por parto, adopción ou acollemento e do outro proxenitor por nacemento, acollemento ou adopción dun fillo
1. Nos casos de permiso por parto, adopción ou acollemento e o regulado no artigo 18 desta orde, o tempo transcorrido durante o gozo destes permisos computarase como de servizo efectivo para todos os efectos, garantirase a plenitude de dereitos económicos do persoal funcionario durante todo o período de duración do permiso e, se é o caso, durante os períodos posteriores ao gozo deste, se de acordo coa normativa aplicable o dereito a percibir algún concepto retributivo se determina en función do período de gozo do permiso.
2. Os funcionarios que fixesen uso do permiso por parto, adopción ou acollemento e o regulado no artigo 18 desta orde terán dereito, unha vez finalizado o período de permiso, a reintegrarse ao seu posto de traballo nos termos e nas condicións que non lles resulten menos favorables ao gozo do permiso, así como a beneficiarse de calquera mellora nas condicións de traballo ás cales puidesen ter dereito durante a súa ausencia.
3. O persoal funcionario interino ou substituto docente que non estivese prestando servizos e reunise os requisitos para estar gozando dos permisos de parto, adopción ou acollemento, o regulado no artigo 18 desta orde, o permiso por lactación ou a licenza por risco no embarazo terá dereito a ser chamado para as interinidades e substitucións que lle correspondan, tomando posesión coa finalidade de que os servizos que lle correspondería prestar lle sexan recoñecidos para os efectos administrativos e os económicos cando non tivese dereito ás prestacións correspondentes. No suposto de que no momento da finalización do permiso estivese vixente o nomeamento de interinidade ou substitución, terá dereito a optar pola incorporación á praza. No caso contrario cesará nela tamén para os efectos administrativos.
Poderán tamén tomar posesión coa pretensión de solicitar a excedencia por coidado de familiar regulada no artigo 176 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
CONCÉDEO: a dirección do centro