Profesorado · Oposicións · Oposicións 2024 · Todos os corpos

FP

O sergas convoca 158 prazas de persoal sanitario de formación profesional mediante concurso-oposición.

Ofértanse 121 prazas de técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico (das que 54 son de acceso libre, 6 de discapacidade xeral e 61 de promoción interna), 16 prazas de técnico superior en dietética (7 de acceso libre, 1 de discapacidade xeral e 8 de promoción interna), 13 prazas de técnico superior en documentación sanitaria (5 de acceso libre, 1 de discapacidade xeral e 7 de promoción interna) e 8 prazas de técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía (4 de acceso libre e 4 de promoción interna).

O proceso desenvolverase mediante tres exercicios na fase de oposición e na baremación dos méritos correspondentes na fase de concurso. Entre a experiencia que se valorará, o Sergas outórgalle unha puntuación adicional a ter prestado servizos en centros sanitarios considerados illados (nos hospitais comarcais ou en determinados centros sanitarios de atención primaria) e ter prestado servizos durante a situación de emerxencia sanitaria orixinado pola covid.

As persoas aspirantes dispoñen dun mes contado desde o día seguinte á publicación no DOG desta convocatoria para presentar as súas solicitudes de participación.

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza