Información
Comunicación de baixa na SS ao profesorado interino e substituto
Non se dá interrupción na cotización á Seguridade Social e non afecta á relación coa Consellaría nin coa SS.
A notificación de baixa que enviou e está enviando a Seguridade Social ao profesorado interino e substituto débese a que a Consellaría mudou o código da conta de cotización á Seguridade Social.
Esta modificación levou a que o día 30 de abril causase baixa o profesorado interino e substituto no número de cotización antigo e que, no prazo de dez días (que é o que ten a Consellaría para dar a nova alta) causedes alta con data, e efectos, de 1 de maio.