O obxectivo deste bloque é ofrecer ao alumnado a oportunidade de reflexionar criticamente sobre o xeito no que empregan o seu tempo libre, co fin de que coñezan e valoren outras posibilidades mediante a xeración, preparación e realización de actividades de lecer que contribúan a desenvolver a súa autonomía e as súas capacidades de relación interpersoal, o seu aprecio por hábitos de vida saudables, o seu respecto e estima polo patrimonio natural e cultural, a súa formación como consumidor crítico, etc.
"Edugaliza" É un programa en contorno WEB que ten como obxectivo fundamental que os nosos alumnos e alumnas demostren xogando os seus coñecementos sobre Educación Vial . A aplicación consta de 200 preguntas sobre aqueles aspectos curriculares da Educación Vial contidas nos DCB de Primaria e ESO, estruturándoos en diferentes bloques: Somos peóns, acompañamos ao condutor, andamos en bicicleta, patín e monopatín, os nosos pais son coductores, imos en autobús,... e polo tanto temos que coñecer os sinais de tráfico que vemos nas distintas vías públicas.

Horario das sedes:
10.00h-14:00h (Atención presencial e con cita previa)
16.00h-19:00h (Atención telefónica e con cita previa)
R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal
Ver en Google Maps