1. Nos casos de matrimonio ou unión de feito, o persoal funcionario terá dereito a un permiso de quince días naturais ininterrompidos.
2. O permiso deberase gozar, con carácter xeral, en datas que comprendan o día do feito causante ou inmediatamente despois. Excepcionalmente, e por causa motivada, poderase gozar noutras datas diferentes e sempre dentro do curso académico en que ten lugar o feito causante.
3. Este permiso concederase no caso de parellas de feito inscritas no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia ou doutra comunidade autónoma.
4. Os conviventes que gocen deste permiso e que con posterioridade contraian matrimonio coa mesma persoa non terán dereito a gozar dun novo permiso por esta causa.
CONCÉDEO : titular da xefatura territorial
DOCUMENTACIÓN ESIXIDA:
– Fotocopia cotexada do libro de familia ou da inscrición nun rexistro oficial de parellas de feito.