1º de Maio de 2012
Este 1º de Maio supuxo a continuidade da riada humana que na pasada Folga Xeral do 29 de marzo denunciou as políticas de sometemento do Goberno á UE e aos mercados, que está levando ao sacrificio dos dereitos laborais e sociais para a clase traballadora e os sectores populares.
O STEG agradece a toda a cidadanía que participou neste 1º de maio onde, unha vez máis, a xornada de protesta deixou claro que non imos tolerar ningunha involución nas conquistas sociais conqueridas ata agora e que loitaremos para amplialas, defendendo un futuro digno para as xeracións que veñen detrás.
Galería de fotos
Horario das sedes:
10.00h-14:00h (Atención presencial e con cita previa)
16.00h-19:00h (Atención telefónica e con cita previa)
R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal
Ver en Google Maps