Art. 22º-
Desde o 1 de novembro de 2024 as solicitudes para asisitr a actividades de formación do profesorado faranse a través do enderezo www.edu.xunta.gal/protocoloseducativos, no apartado do menú Formación Docentes. Instrucións para encher a solicitude.
a) Relación entre a actividade solicitada e a función que desempeña o profesor ou profesora.
b) Repercusión positiva da actividade formativa na calidade educativa do centro.
c) Repercusión da ausencia do profesor ou profesora na actividade docente do centro.
d) Número de profesores ou profesoras do centro que asisten, simultaneamente, a actividades de formación.
Estas solicitudes serán sometidas a informe da inspección educativa, que verificará os criterios anteriormente mencionados co fin de garantir a obxectividade e a homoxeneidade na concesión das autorizacións.
As solicitudes e o informe da dirección do centro deberán ter entrada na xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria cunha antelación mínima de dez (10) días ao inicio da actividade formativa.
En todo caso, estar en posesión da autorización, segundo o modelo do anexo III, será un requisito necesario para asistir a actividades de formación en horario lectivo.
As faltas de asistencia do profesorado ás súas actividades lectivas, por ter asistido con autorización a actividades formativas, xustificaranse coa certificación de asistencia a elas, que se xuntará ao parte mensual de faltas.
En todo caso, o profesorado terá dereito a gozar de ata un máximo de catro días lectivos para realizar actividades de formación.