Art. 9º-
Noveno.- Permiso para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ao parto.
As funcionarias embarazadas terán dereito aos permisos necesarios para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ao parto e, nos casos de adopción ou acollemento, ou garda con fins de adopción, para a asistencia ás preceptivas sesións de información e preparación e para a realización dos preceptivos informes psicolóxicos e sociais previos á declaración de idoneidade, polo tempo necesario para a súa práctica e logo de xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada de traballo.
O persoal funcionario terá o mesmo dereito e nas mesmas condicións para acompañar o seu cónxuxe ou parella de feito á realización de exames prenatais e técnicas de preparación ao parto, para a asistencia ás preceptivas sesións de información e preparación e para a realización dos preceptivos informes psicolóxicos e sociais previos á declaración de idoneidade.
CONCÉDEO : a dirección.
DOCUMENTACIÓN ESIXIDA:
– Documento xustificativo da necesidade de realización de exames prenatais e técnicas de preparación ao parto dentro da xornada laboral e o documento de asistencia.
– Documento xustificativo da necesidade de asistencia ás preceptivas sesións de información e preparación e para a realización dos preceptivos informes psicolóxicos e sociais previos á declaración de idoneidade nos casos de adopción ou acollemento, ou garda con fins de adopción e o documento de asistencia.
– Fotocopia cotexada do libro de familia ou da inscrición nun rexistro oficial de parellas de feito (só no caso de que o cónxuxe ou parella de feito acompañe a persoa que xera o dereito).