Art. 6º-
Sexto.- Permiso para concorrer a exames finais, probas definitivas de aptitude e probas selectivas no ámbito do emprego público.
O persoal funcionario ten dereito a un permiso para concorrer a exames finais ou outras probas definitivas de aptitude, así como para concorrer a probas selectivas no ámbito do emprego público.
No termo exames finais están incluídos tamén os parciais que sexan liberatorios dunha parte do programa.
Os exames finais ou probas de aptitude deberán estar convocados por centros oficiais.
O permiso abranguerá todo o día en que se realicen as probas. Cando a interesada ou interesado tivese que desprazarse, o permiso ampliarase, se fose necesario, polo tempo mínimo necesario para as viaxes de ida e volta.
Cando o exame ou proba de aptitude teña lugar en día non lectivo non procede a concesión do permiso, agás naqueles supostos en que fose necesario efectuar desprazamento en período lectivo.
CONCÉDEO : a dirección do centro
DOCUMENTACIÓN ESIXIDA:
– Documento acreditativo da asistencia á proba de aptitude, exame final ou proba de acceso ou ingreso á función pública no cal figure o lugar, a data e o centro de realización.