O Comité de folga péchase na Consellería reclamando apertura de negociacións
O Comité de Folga, constituido por STEG, CIG e CSIF péchase na Consellería reclamando ser recibidas polo Conselleiro para a apertura de negociacións que permitan acadar as melloras perseguidas no "Novembro quente".
Levamos 2 xornadas de folga do ensino (unha en outubro e outra en novembro) con manifestacións multitudinarias en Compostela, unha xornada de protestas nos centros e unha xornada de concentracións nas principais vilas galegas. O profesorado dixemos alto e claro que non nos resignamos a ser o profesorado peor tratado do estado en canto a horarios lectivos, retribucións e burocracia. Non aceptamos que as ratios melloren de xeito insuficiente en Educación Infantil e Primaria e menos aínda que non melloren en absoluto en Educación Secuandaria.
Conselleiro, deixa de ignorar ao profesorado galego que amosou en outubro e novembro a súa disconformidade co acordo da miseria e abre negociacións!!
Horario das sedes:
10.00h-14:00h (Atención presencial e con cita previa)
16.00h-19:00h (Atención telefónica e con cita previa)
R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal
Ver en Google Maps