Por asuntos propios
Art. 23º-
Vixésimo terceiro.- Licenza por asuntos propios
1. Por asuntos propios poderáselles conceder, ao persoal funcionario, licenzas sen retribución dunha duración acumulada que non poderá exceder os tres meses cada dous anos.
2. Durante o gozo desta licenza o persoal funcionario está en situación de servizo activo e, polo tanto, suxeito ao réxime xeral de incompatibilidades regulado na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.
3. A concesión desta licenza subordinarase, en todo caso, ás necesidades do servizo e, con carácter xeral, non terá unha duración inferior a cinco días. Os días da concesión da licenza serán naturais.
CONCÉDEO : titular da Delegación Provincial
DOCUMENTACIÓN ESIXIDA: ningunha