Art. 8º-
Oitavo.- Por nacemento de fillos prematuros ou que por calquera outra causa deban permanecer hospitalizados a continuación do parto.
1. Nos casos de nacemento de fillos prematuros ou que, por calquera outra causa, deban permanecer hospitalizados a continuación do parto, o persoal funcionario terá dereito a ausentarse do posto de traballo durante dúas horas diarias mentres dure o período de hospitalización, coa percepción íntegra das súas retribucións.
2. Así mesmo, nestes mesmos casos o persoal funcionario ten dereito a unha redución da súa xornada de traballo diaria ata un máximo de dúas horas, coa diminución proporcional das súas retribucións.
3. Mentres a filla ou fillo prematuro permaneza no centro hospitalario, poderá facerse uso acumulado dos dereitos previstos nos parágrafos 1 e 2, coas repercusións retributivas que en cada caso se indican. A redución de xornada con dedución retributiva prevista no parágrafo 2 procederá tamén a partir da alta hospitalaria mentres a filla ou fillo prematuro precise coidados, polo tempo que determine o informe médico.
4. No caso de conflito entre os dereitos do alumnado e do profesorado, as horas diarias de ausencia ao traballo teranse que gozar no horario complementario fixo.
CONCÉDEO : titular da xefatura territorial
DOCUMENTACIÓN ESIXIDA:
– Fotocopia cotexada da partida de nacemento da filla ou fillo que xera o dereito ao permiso.
– Documento que acredite a hospitalización da filla ou fillo que xera o dereito ao permiso ou da condición de prematuro.