Por razón de violencia de xénero sobre a muller funcionaria
Art. 21º-
Vixésimo primeiro.- Permiso por razón de violencia de xénero sobre a muller funcionaria
As faltas de asistencia das funcionarias vítimas da violencia de xénero, totais ou parciais, terán a consideración de xustificadas polo tempo e nas condicións en que así o determinen os servizos sociais de atención ou de saúde, segundo proceda, a través do correspondente informe, que deberá presentarse nos sete días inmediatos seguintes ao feito causante.
CONCÉDEO : titular da xefatura territorial
DOCUMENTACIÓN ESIXIDA:
– Acreditarase mediante calquera das fórmulas sinaladas no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.