Art. 10º-
Décimo.- Permiso para a realización de tratamentos de fecundación asistida.
1. O persoal funcionario docente ten dereito aos permisos retribuídos necesarios para a realización de tratamentos de fecundación asistida. A duración destes permisos limitarase ao tempo preciso para a práctica dos ditos tratamentos e a súa concesión condiciónase á xustificación previa de necesidade de realización daqueles dentro da xornada de traballo.
Se a necesidade de desprazamento para recibir o tratamento o xustifica, a duración do permiso será de dous días hábiles.
2. O persoal funcionario ten o mesmo dereito e nas mesmas condicións para acompañar o seu cónxuxe ou parella de feito a tratamentos de fecundación asistida.
CONCÉDEO : a dirección.
DOCUMENTACIÓN ESIXIDA:
– Documento xustificativo da necesidade de realización de tratamentos de fecundación asistida dentro da xornada laboral.
– Fotocopia cotexada do libro de familia ou da inscrición nun rexistro oficial de parellas de feito (só no caso de que o cónxuxe ou parella de feito acompañe a persoa que xera o dereito).