Recursos
Art. 37º-
Trixésimo sétimo.- Recursos
1. As resolucións das direccións dos centros poderán ser impugnadas mediante recurso de alzada, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, perante o/a xefe/a territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
2. As resolucións dos titulares das xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria poderán ser impugnadas mediante recurso de alzada, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, perante o director xeral de Centros e Recursos Humanos.