ALERTA POR TEMPORAL MAÑÁ 22 DE NOVEMBRO
A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, dende as 9 horas en adiante (aproximadamente) do mércores 22 de novembro de 2017, por refachos de vento de ata 100km/h que afectarán as zonas de predición meteorolóxica da provincia da Coruña e da Mariña de Lugo.
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou a suspensión das actividades no exterior a partir das 9.00h das instalacións do centro escolar destas zonas afectadas, con seguimento das condicións climáticas.
Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa un centro supuxesen un risco maior, os/as directores/as poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares.
A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web do CAE 112 (www.axega112.org) .
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/23706
Horario das sedes:
10.00h-14:00h (Atención presencial e con cita previa)
16.00h-19:00h (Atención telefónica e con cita previa)
R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal
Ver en Google Maps