Milleiros de profesoras e profesores en centenares de centros escolares galegos manifestamos o noso compromiso coa mellora do ensino público galego protestando contra o acordo da miseria e reclamando a baixada efectiva das ratios, a recuperación das 18/21 horas lectivas, a redución para o vindeiro curso da burocracia e o reparto lineal do incremento retributivo. Podedes ver moitas destas fotos de protesta buscando nas redes sociais o seguinte Hashtag #oProfesoradoNonSeVende
O vindeiro martes 14 de novembro ás 19 horas realizaremos concentracións nas principais cidades galegas onde berraremos alto e claro que as nosas xustas demandas deben ser atendidas. Os lugares das concentracións son os seguintes: A Coruña (Praza Pontevedra), Santiago (Praza Roxa), Ferrol (edificio da Xunta), Lugo (edificio da Xunta), Ourense (Xefatura Territorial de Educación), Pontevedra (Praza da Peregrina) e Vigo (MARCO)
A pelota segue no tellado da Consellería, a cal continúa sen abrir negociacións ao respecto co Comité de folga formado por STEG, CIG e CSIF
Horario das sedes:
10.00h-14:00h (Atención presencial e con cita previa)
16.00h-19:00h (Atención telefónica e con cita previa)
R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal
Ver en Google Maps