Secretaría da Muller · Comunicados

22 de febreiro. Día europeo pola igualdade salarial entre mulleres e homes

22 de febreiro. Día europeo pola igualdade salarial entre mulleres e homes

22 de febreiro. Día europeo pola igualdade salarial entre mulleres e homes

No Día Europeo pola Igualdade Salarial, desde a Organización de Mulleres da Confederación Intersindical volvemos erguer a voz para denunciar que a igualdade real entre mulleres e homes no ámbito laboral continúa a ser unha tarefa pendente.

A fenda salarial non é só unha cuestión de cobrar menos polo mesmo traballo. É o reflexo dun sistema que segue situando as mulleres en posicións de maior precariedade, temporalidade e parcialidade. As mulleres continúan concentrándose en sectores feminizados, peor remunerados e con menor recoñecemento social, o que perpetúa desigualdades estruturais que se arrastran ao longo de toda a vida laboral.

Mais falar de fenda salarial tamén implica falar do reparto desigual dos coidados. As mulleres continúan asumindo maioritariamente a atención a menores, persoas dependentes e persoas maiores. Esta realidade tradúcese en reducións de xornada, excedencias e abandonos temporais do emprego que teñen consecuencias directas nos seus salarios presentes e nas súas pensións futuras.

Cada excedencia por coidados que asume unha muller, cada xornada reducida, cada interrupción na súa carreira profesional repercute en cotizacións máis baixas e, por tanto, en pensións máis reducidas. A desigualdade salarial de hoxe é a desigualdade nas pensións de mañá.

A igualdade salarial real pasa, necesariamente, por unha corresponsabilidade efectiva nos coidados e por políticas públicas que garantan servizos públicos suficientes, universais e de calidade: educación infantil, atención á dependencia e recursos sociais que permitan que coidar non sexa unha penalización laboral nin económica para as mulleres.

Desde a Organización de Mulleres reivindicamos:

Igual salario por traballo de igual valor.
Medidas reais de corresponsabilidade e reparto dos coidados.
Reforzo dos servizos públicos que sosteñen a vida.
Recoñecemento das carreiras laborais das mulleres sen penalizacións por maternidade ou coidados.
Pensións dignas e sen fenda de xénero.

A igualdade salarial non é só unha cuestión de xustiza económica, é unha cuestión de xustiza social e feminista. Sen igualdade no emprego, nos coidados e nas pensións, non haberá igualdade real.

Pola igualdade salarial e por unha vida digna para todas.

Asemblea de mulleres do STEG

Organización de Mulleres da Confederación Intersindical

 

 

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


Horario das sedes:

10.00h-14:00h (Atención presencial e con cita previa)

16.00h-19:00h (Atención telefónica e con cita previa)

 

A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps


 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza