Secretaría da Muller · Comunicados

23 de setembro: Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Mulleres, Nenas e Nenos.

23 de setembro: Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Mulleres, Nenas e Nenos.

23 de setembro: Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Mulleres, Nenas e Nenos.

A Organización de Mulleres da Confederación Intersindical, con motivo do Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Mulleres, Nenas e Nenos, ergue a voz con firmeza e convicción: non hai igualdade mentres se compre o corpo de mulleres e nenas, non hai liberdade mentres exista trata!

O 23 de setembro non é unha efeméride máis. É unha xornada de memoria, denuncia, acción e loita. Lembramos os millóns de vítimas que foron arrancadas das súas vidas, dos seus soños e dos seus corpos por mafias que organizan a explotación, alimentándose do machismo, da pobreza, do racismo e da impunidade. A trata con fins de explotación sexual non é un fenómeno illado: é unha industria global que se sostén sobre a cosificación das mulleres e a normalización da violencia patriarcal. A trata con fins de explotación sexual, xunto co tráfico de drogas e o tráfico de armas, son as tres “industrias” ilegais que máis diñeiro moven a nivel mundial.

Trátase dun “negocio” que se adaptou ás novas tecnoloxías, a través da “ dixitalización do espazo prostitucional”, que permite un maior anonimato e flexibilizar a oferta en función da proximidade da demanda; e após a COVID-19 xurdiu un novo segmento de “negocio” coñecido como “prostitución 2.0”, o que reflicte que non é un fenómeno ao que se lle estea facendo fronte con medidas eficaces.

Algúns datos que non podemos ignorar:

Máis do 70% das vítimas de trata no mundo son mulleres e nenas, sobre unhas 40 millóns de persoas, e a maior parte das demais vítimas son nenos.
A maioría destas persoas son captadas mediante enganos, coacción e violencia. Aproximadamente a metade son menores de idade.
O Estado español é un dos principais países de destino de mulleres vítimas de trata na Europa occidental, sendo ademais un dos seus atractivos turísticos para a demanda proveniente de países onde a prostitución é unha actividade activamente perseguida.

Desde a Organización de Mulleres esiximos:

Educación sexual integral e feminista que promova relacións libres de violencia e dominación.
Políticas públicas que prioricen a prevención, a protección e a reparación das vítimas.
A abolición do sistema prostitucional, que lexitima a compra de corpos e perpetúa a desigualdade.
A persecución efectiva das mafias e de quen se lucra coa explotación sexual e das persoas demandantes destes “servizos”.

Este 23 de setembro saímos ás rúas, ás redes e aos medios de comunicación para berrar: ¡Non somos mercadoría! ¡Os nosos corpos non están en venda! A loita contra a trata é inseparábel da loita pola emancipación de todas as mulleres. Porque cada nena libre, cada muller protexida, cada rede desmantelada, é un paso cara a un mundo máis xusto.

O 23 de setembro, Día Internacional contra a Trata e a Explotación Sexual, erguemos a voz desde o feminismo para denunciar a violencia patriarcal que mercadoriza corpos. A nosa loita é por un mundo libre de escravitude sexual, onde a dignidade non se compre nin se venda.

¡Nin unha máis. Nin unha menos. Contra a trata, contra a explotación, pola vida e a dignidade de todas!

Asemblea de mulleres do STEG

Organización de Mulleres da Confederación Intersindical

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


Horario das sedes:

10.00h-14:00h (Atención presencial e con cita previa)

16.00h-19:00h (Atención telefónica e con cita previa)

 

A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps


 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza