26 de abril
26 de abril DIA INTERNACIONAL DA VISIBILIDADE LÉSBICA
O 26 de abril, como cada ano dende o 2008, conmemórase o Día Internacional da Visibilidade Lésbica en varios países para reclamar a igualdade de dereitos e oportunidades para as persoas lesbianas.
Continúa a haber certas culturas onde as crenzas, os estigmas e prexuízos cara este colectivo seguen existindo e, por esta razón, moitas mulleres teñen que vivir condenadas a esta dobre discriminación, primeiro polo seu xénero e segundo pola súa orientación sexual.
Aínda que nos últimos anos, diferentes países europeos rexistraron avances en cuestión de leis, seguen a ser moitas as vítimas da lesbofobia. Diferentes estudos amosan que:
Por esta razón, hoxe máis que nunca, é fundamental que a educación afectivo-sexual se imparta de xeito xeralizado para educar en diversidade e combater o acoso e a violencia cara este colectivo.
Dende a Asemblea de Mulleres do STEG e a Organización de Mulleres da Confederación Intersindical, unha vez máis, esiximos leis que non dean pasos atrás para acadar unha sociedade máis libre, xusta e igualitaria.
Horario das sedes:
10.00h-14:00h (Atención presencial e con cita previa)
16.00h-19:00h (Atención telefónica e con cita previa)
R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal
Ver en Google Maps