STEG ó día · STEG opina

10-07-2013

A Consellaría despilfarra diñeiro Público

Negando ciclos formativos na pública e concedéndoos na privada

A CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN DESPILFARRA DIÑEIRO PÚBLICO NEGANDO CICLOS FORMATIVOS NOS CENTROS PÚBLICOS E CONCEDÉNDOOS NA PRIVADA

Curso tras curso, os centros públicos asumen novos programas e estudan o aumento da oferta que mellore a súa calidade educativa e a da comarca en que están insertos. Este é o caso do IES de Chapela-Redondela e do CIFP A Xunqueira de Pontevedra, que ano tras ano veñen solicitando á Consellería a impartición do ciclo de Integración Social.

A Consellería, porén, ven de denegar a estes centros públicos citados a súa solicitude, mentres que, ao mesmo tempo, concédello a dous centros privados de Vigo: o CPR San José de la Guía (autorizado anteriormente) e o CPR Aloya.

As nais e pais que queiran matricular as fillas ou fillos neste ciclo veranse na obriga de matriculalos nun colexio concertado, o colexio CPR Aloya, ao que, por sentenza recente do TSXG trala correspondente demanda interposta polo STEG contra a segregación por sexo que practicaba ese centro co alumnado, deben serlle retirados os cartos públicos que recibía en virtude do concerto que o citado tribunal declarou ilegal.

A Consellaría fúrtalle así ás familias esa “liberdade de escolla de centro” da que logo tanto presume, xa que a oferta pública equivalentre máis próxima está nada máis e nada menos que a máis de 100 Km. A ninguén enganan xa co que agocha esa “defensa” da “liberdade de escolla”: agocha un engano para que as familias de mellores medios, ademais de escoller un ensino privado que deberían sufragarse elas mesmas, obteñan recursos públicos.

Digámolo alto e claro: a Consellaría elimina recursos públicos para bolsas, libros de texto, comedores… que son desviados para os centros privados segregadores, de ideario educativo elitista e ultraconservador.

O STEG demanda da Consellería a concesión destes ciclos aos centros públicos que o solicitaron e que deteña a irracionalidade e o despilfarro do dobre gasto educativo: tendo centros públicos abertos e con profesionais recoñecidos, aumenta o gasto concertando ciclos nos centros privados.

O STEG vixiará a legalidade desta concesión estudando as posibles acción legais contra unha Consllaría que priva á cidadanía de Pontevedra e Redondela, neste caso, do dereito constitucional ao ensino público.

 

 

Secretariado Nacional do STEG
Xullo 2013

 

 

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza