STEG ó día · STEG opina

14-08-2013

A Consellaría incumpre premeditadamente a sentenza do TSXG

Concertos de centros que segregan por sexo

A PESAR DE QUE O STEG GAÑOU O RECURSO CONTENCIOSO - ADMINISTRATIVO QUE INTERPUXO CONTRA A ORDE DE CONCERTOS EDUCATIVOS AOS CENTROS QUE SEGREGAN POR SEXO...

 

 

A Consellaría, no DOG de hoxe 14 de agosto de 2013, publica a ORDE do 9 de agosto de 2013 pola que se aproban os concertos educativos cos centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial, programas de cualificación profesional inicial e ciclos formativos de graos medio e superior. Na publicación apróbanse os concertos aos centros Acacias, Montecastelo e Aloya en Vigo e Montespiño e Peñarredonda na Coruña. A sentenza do TSXG declarou inválidos os concertos con estes centros.

 

 


A sentenza, que anulaba claramente os concertos por ir contra a LOE, podería terse executado xa que o rercurso ante o Supremo, presentado polos centros, sábese que non prosperará. Desde o STEG sabemos a imposibilidade de que o recurso vaia adiante xa que a doctrina xurídica do Supremo noutros casos similares foi clara declarando ilegais estes concertos. Por este motivo a argumentación da Xunta dunha posible sentenza favorable a estes centros é falaz e agocha a verdade desta Consellaría: o desvío de cartos públicos para colexios ultraconservaodres, elitistas e segregadoes mentres recorta no público.

Estamos, xa que logo, ante una resposta política, xa que tendo na man una xustificación xurídica para o aforro de cartos públicos, decídese seguir a desviar partidas económicas para centros de élite mentres no ensino público reducen profesorado, pechan escolas no rural, fan pagar ao alumnado transportado o servizo de comedor, á vez que os van eliminando, reducen as bolsas de estudo…

 

Semella que a crise e a xestión de recursos só se ten en conta cando é para recortar servizos e dereitos para a maioría da poboación e non para certos grupos de presión ultraconservadores e próximos ao fundamentalismo católico.

 

 

Ademáis, esta decisión deixa en evidencia a propia palabra do Presidente da Xunta que declaraba naquel momento que acataría a sentenza. Para o STEG, o goberno da Xunta está a acatar a presión que sobre a Xunta exercen estes grupos minoritarios antepóndoa á sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza por motivos de interese particular e non de interese xeral.

 

 

Este goberno incumpre, premeditadamente, a sentenza e aproba os concertos con estes centros por un período de catro anos, cunha Orde publicada en período vacacional para que a comunidade educativa non poida reaccionar como se merece esta medida.

O STEG seguirá loitando para que a sentenza, non recurrida pola Consellaría, se cumpla.

 


Secretariado Nacional do STEG.
14 de agosto de 2013

Sentenza do TSXG
Orde pola que se aproban os concertos educativos

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza