Vacantes xeradas por candidaturas ás eleccións estatais
O STEG denuncia que a Consellaría se nega a cubrir as vacantes do profesorado candidato nas vindeiras eleccións estatais
Animamos a todos os centros a que lle exixan á Administración, ao igual que o está a facer o STEG, que cubra estas vacantes
No DOG do 2 de novembro, publícase a normativa que dá dereito ao profesorado galego que sexa candidata ou candidato nalgunha das candidaturas que concorren nestas eleccións, a solicitar permisos para participar na campaña entre o 4 e o 18 de novembro.
Para o STEG estamos ante outro recorte inxustificado de profesorado e da atención ao alumnado galego, polo que esiximos que sexan cubertas as solicitudes que se demanden dende os centros educativos.
Animamos a todos os centros que se vexan afectados a esixir a Administración o profesorado preciso e a poñerse en contacto connosco para facer a máxima presión ao respecto.
DOG coa normativa para solicitar permisos por formar parte dunha candidatura
Horario das sedes:
10.00h-14:00h (Atención presencial e con cita previa)
16.00h-19:00h (Atención telefónica e con cita previa)
R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal
Ver en Google Maps