Desde STEG queremos amosar o noso profundo rexeitamento ante a eliminación de RAOGAL.
A Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, comunicou o pasado 30 de xullo a eliminación da Rede de Acompañamento e Orientación persoal e familiar de Galiza. Esta comunicación, no ecuador do periodo estival, pon de manifesto unha vez máis os recortes e a opacidade da Consellería de Educación deixando sen recursos ao alumnado máis vulnerable, a máis de sesenta profesionais ,aos Centros Educativos que xa contaban para o vindeiro curso académico con este recurso e a todas as familias afectadas. A Directora Xeral argumenta falta de orzamento.
Seguimos a sumar recortes en Recursos Humanos despois dun pasado curso moi tensionado por este motivo e que pon de manifesto, unha vez máis, o desleixo da Consellería de Educación polo Ensino Público.
STEG
1 de Agosto de 2025