O STEG, en relación á penosa e inxusta situación das 8 compañeiras e compañeiros sindicalistas do caso AIRBUS, quere manifestar que:
- A Constitución Española recolle o dereito á folga como un dereito fundamental para a defensa dos intereses das traballadoras e traballadores e non é exclusivo do noso ordenamento xurídico. A carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea cítao expresamente; o Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais das Nacións Unidas como tamén múltiples tratados e pactos internacionais recoñecen o dereito á folga como un dereito.
Dende a proclamación da Constitución Española atravesamos xa tres crises económicas e duros procesos de reconversión industrial, nos que o exercicio dese dereito se caracterizou por un uso responsable e sen derivar e actuacións penais para as persoas que o exerceron.
- A utilización do artigo 315.3 do Código Penal resulta inxustificado e desproporcionado, situando o dereito á folga no s.XIX, onde o seu exercicio era penado e perseguido. A participación en piquetes informativos é un dereito recoñecido na lexislación española: non é un delicto, e a mera identificación das persoas traballadoras que nel participen non pode supoñer un risco de imputación dun delito castigado con penas de prisión.
- Os oito sindicalistas de AIRBUS que se ofreceron a ser identificados pola policía de motu propio están encausados como se de delincuentes se tratase, acusados dun delicto contra as traballadoras e traballadores polo exercicio de folga, pedindo para cada un deles penas de prisión de 8 anos e tres meses.
- O cumprimento efectivo destes dereitos, fai necesario que, ante as deficiencias e irregularidades postas de manifesto en todo o proceso, o Ministerio Fiscal retire as acusacións contra os 8 sindicalistas de EADS CASA AIRBUS, como expresión de saúde democrática e para despexar calquera dúbida de que non nos atopamos ante un xuízo político, que o que tenta é criminalizar o exercicio do dereito de folga e a liberdade sindical.
Igualmente e para finalizar, o STEG quere expresar:
- A solidariedade cos traballadores e sindicalistas acusados, afirmando a nosa confianza na súa honradez e o recoñecemento de que o seu labor sindical ao longo dos anos reportou beneficios para os traballadores e traballadoras de EADS CASA AIRBUS, moitos deles veciños de Xetafe, así como ao propio Municipio en particular e á clase traballadora en xeral.
- O noso apoio ás diferentes manifestacións e concentracións a prol da xente implicada e, sobre todo, a defensa do dereito á FOLGA, como valor irrenunciábel do noso sistema democrático, dereito este, como moitos outros, que até a súa consecución costou moito esforzo, sacrificio e mesmo vidas humanas.
CPSN do STEG
11 de febreiro de 2016
pdf co documento