STEG ó día · STEG opina

28-01-2011

A improvisación como guía para a selección dos centros

O Proxecto Combas

O Proxecto Combas (de consolidación de competencias básicas) é un dos programas de Cooperación Territorial 2010-2011 que desenvolve o MEC xunto coas Consellerías e Departamentos de Educación das diferentes CCAA. A financiación do mesmo, realízase ao 50% entre a Administración autonómica e a estatal naquelas comunidades que teñen competencias transferidas en materia de educación.

Con este proxecto preténdese apoiar neses centros (150 en toda España) o desenvolvemento curricular da educación por competencias, coñecer a situación de partida e o proceso do ensino por competencias ou mellorar a formación permanente do profesorado entre outros aspectos.

A selección dos centros para levar a cabo dito proxecto, noutras comunidades, segue uns protocolos básicos: solicitude por parte do centro, documento informativo sobre a experiencia que posúe o centro no traballo por competencias, certificación do equipo directivo amosando a súa colaboración, certificación do Consello Escolar e do Claustro do compromiso acadado…

En Galiza, a selección fíxoa directamente a Administración entre aqueles centros (8-9 en total) que xa foran seleccionados para desenvolver os Plans de autoavaliación e mellora da calidade da educación (Orde de 10 de maio de 2010). A razón disto, segundo nos informan, é a falta de tempo e de información para desenvolver o protocolo anteriormente citado.

Dende o STEG cremos que a Administración galega debería ter seguido un protocolo de actuación como se fixo noutros territorios nos que non se deixou esta importante tarefa á improvisación.

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza