Secretaría da Muller · Comunicados

Ante as inadmsibles declaracións do director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Xunta de Galicia

Ante as inadmsibles declaracións do director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Xunta de Galicia

COMUNICADO DA ASEMBLEA DE MULLERES DO STEG

Ante as inadmsibles declaracións do director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Xunta de Galicia

Desde a Asemblea de Mulleres do STEG queremos manifestar a nosa máis profunda indignación e rexeitamento polas declaracións realizadas polo director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Xunta de Galicia, que desprezan de forma alarmante a gravidade da violencia machista ao afirmar que os asasinatos se producen "cando as mulleres abandonan a relación". Estas palabras, ademais de profundamente irresponsábeis, perpetúan o discurso culpabilizador cara ás vítimas e demostran un descoñecemento absoluto —ou unha intencionalidade perversa— sobre o funcionamento estrutural da violencia de xénero.

Atribuír os feminicidios á decisión das mulleres de romper cunha relación violenta é ignorar deliberadamente que os momentos máis perigosos para unha vítima son precisamente aqueles nos que tenta fuxir do seu agresor. A responsabilidade do crime nunca é da vítima, senón do agresor e dun sistema institucional que non garante a súa protección efectiva.

As declaracións do director xeral non son un erro illado: son a evidencia dunha política pública que relega a prevención da violencia machista a un segundo plano, que desactiva os recursos de atención, que invisibiliza a realidade que vivimos as mulleres e que está máis centrada en manter aparencias ca en asumir un compromiso real e valente co feminismo e coa defensa da vida das mulleres.

Desde o STEG esiximos:

A dimisión inmediata do director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero por inhabilitación ética para o cargo.
A asunción de responsabilidades políticas por parte da Consellaría de Política Social e Igualdade.
A dotación de recursos suficientes, estables e con perspectiva feminista para a prevención, atención e reparación das violencias machistas.
A implementación de programas educativos obrigatorios e con enfoque feminista nas aulas, tal e como vimos reclamando historicamente desde o noso sindicato.

Non aceptamos máis discursos que culpabilicen, que dilúan a violencia estrutural nun relato individualizante, nin que finxan compromiso mentres se perpetúan políticas ineficaces. Non nos calaremos ante este desprezo institucional ás vidas das mulleres.

A violencia machista non é un problema privado nin puntual: é unha cuestión política e estrutural. E fronte a ela, só cabe a resposta colectiva, feminista e contundente.

Asemblea de Mulleres do STEG
1 de agosto de 2025

 

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza