STEG ó día · STEG opina

18-08-2014

Aproveitando a LOMCE, vólvense a concertar as unidades eliminadas o curso pasado

Concertos con centros que segregan por sexo

APROVEITANDO A LOMCE, VÓLVENSE A CONCERTAR AS UNIDADES QUE SE ELIMINARON O CURSO PASADO NOS CENTROS QUE SEGREGAN AO ALUMNADO POR SEXO...

 

A Consellaría, no DOG de hoxe 18 de agosto de 2014, publica a ORDE do 14 de agosto de 2014 pola que se modifican os concertos educativos cos centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial, programas de cualificación profesional inicial, formación profesional básica e ciclos formativos de graos medio e superior. Na publicación, entre outras medidas, modifican o concerto cos centros Acacias e Montecastelo en Vigo e Montespiño e Peñarredonda na Coruña, de conformidade coa disposición transitoria segunda da LOMCE, incrementando unha unidade de EP. A única medida que tomou a Consellaría o curso pasado foi non concertar unha unidade de EP por cada un deles a pesares da sentenza do TSXG que declarou inválidos os concertos con estes centros.

A resposta, tomada no seu momento pola Consellería, foi unha resposta política, xa que tendo na man una xustificación xurídica para o aforro de cartos públicos, decidiu seguir a desviar partidas económicas para centros de élite, ultraconservadores e próximos ao fundamentalismo católico, mentres no ensino público reducen profesorado, pechan escolas no rural, fan pagar ao alumnado transportado o servizo de comedor, á vez que os van eliminando, reducen as bolsas de estudo…

Esa resposta política levaba aparellada a decisión de esperar a que entrara en vigor a contrarreforma educativa do goberno do Estado (a LOMCE), onde se sabía que no seu articulado ía “legalizarse” o ensino segregado por sexos.

O STEG considera insultante que se utilicen os argumentos da “libre elección de centro” e o que se lexisla coa LOMCE (artigo 2 da Convención relativa á loita contra as discriminacións na esfera do ensino aprobada pola Conferencia Xeral da UNESCO de 14 de decembro de 1960!) para xustificar estes concertos, xa que o que cuestionamos non é a lexitimidade da existencia destes centros, senón que se acollan ao sistema de ensino gratuíto sostido con fondos públicos.

Desde o STEG pensamos que o noso dereito e o noso deber consiste en traballar con todos os instrumentos democráticos á nosa man para subverter pacificamente a LOMCE para que, ademais de outras moitas eivas, estes concertos deixen de ser “legais” e non teñamos que “investir” cartos públicos nos centros que segregan ao alumnado por sexo.
 
Permanente do Secretariado Nacional do STEG
agosto de 2014

Orde pola que se modifican os concertos educativos

 

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza