STEG ó día · Novas

14-05-2025

Asemblea aberta en defensa das Ensinanzas Artísticas

Estimadas compañeiras e compañeiros:
 
Como sabedes desde STEG tiñamos convocada unha asemblea en defensa das Ensinanzas Artísticas o pasado luns 28 de abril que non se puido celebrar por mor do apagón. Mentres buscabamos unha nova data para celebrala, este pasado martes foi publicada a resolución definitiva do CXT, xusto un día despois de publicar as vacantes definitivas, un feito que levamos anos denunciando. Nesta resolución definitiva do CXT, entre outras moitas, caen 6 prazas no CMUS Superior da Coruña e 8 no CMUS de Vigo.
Ante o que a gravidade desta situación convocamos con carácter urxente, unha nova xuntanza telemática  a celebrar o vindeiro luns 19 de maio ás 19.00 horas. Pódeste inscribir na seguinte ligazón https://forms.gle/9MmoSDpfvcei1JMXA
 
Desde STEG queremos esixir ante a Consellería de Educación que a publicación das vacantes definitivas se faga dentro do período de renuncias do CXT xa que esta situación volve poñer nunha situación moi gravosa e vulnerable ao persoal funcionario que concursa. Esta situación demostra unha vez máis o desleixo e falta de consideración desta Consellería no que respecta á conciliación da vida persoal e familiar do profesorado.
 
Agardamos a vosa participación,

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza