Desde o STEG queremos facer un chamamento a toda a sociedade galega para que asine a prol do mantemento dun programa que leva traballando a prol da infancia e das familias e que ten o medio rural como núcleo prioritario das súas actuacións : un modelo de intervención educativa pioneiro, orixinal, preventivo, vertebrador do territorio e referente en canto á implicación das familias na educación dos seus fillos e fillas. Un modelo en galego feito para a realidade socio-educativa galega, que está a ser referente, en canto ao traballo coas familias, noutras comunidades do Estado e países.Para que algo que está sendo pioneiro e referente non se deixe morrer,
Polo mantemento de Preescolar na Casa: ASINA