11-04-2016 Comunicado de apoio do STEG
Folga do estudantado o 13 e 14 de abril
O SINDICATO DE ESTUDANTES, ERGUER E OUTRAS ORGANIZACIÓNS ESTUDANTÍS CONVOCAN FOLGA OS DIAS 13 E 14 DE ABRIL
O STEG en compromiso coa loita en defensa da Educación Pública, comunica o seu apoio ás dúas xornadas de folga a nivel estatal convocada polo Sindicato de Estudantes, Erguer e outras organizacións en diferentes territorios do estado, para os ensinos medios e superiores os días 13 e 14 de abril, esixindo a derrogación inmediata da LOMCE e do RD 3+2, e anima a sociedade no seu conxunto, e en especial á toda a comunidade educativa, a apoiar a mobilización e a participar nas manifestacións convocadas nas diferentes cidades do país.
Comisión Permantente do SN do STEG
11 de abril de 2016