Escolas Oficiais de Idiomas
CONVOCATORIA DE FOLGA NAS EOIs
As organizacións sindicais CIG, CCOO, FETE-UGT e STEG temos intención de convocar á folga ao persoal docente das Escolas Oficiais de Idiomas (EOI) de Galiza para os días 9 e 10 de setembro co obxecto de que a Consellaría de Educación retire a circular das EEOOII
Como é sabido, a Dirección Xeral de Educación e Formación Profesional publicou a circular 5/2009, sen previa negociación, na que se ditan instrucións sobre o procedemento de admisión e matrícula e organización académica nas EOI para o curso 2009-2010.
Esta circular supón un retroceso importante no horario lectivo, complementario e nas reducións horarias por desempeño de diferentes funcións realizadas nos centros, que estaban fixadas na circular 10/2004 e no Regulamento Orgánico de Centros.
En consecuencia, os motivos nos que nos fundamentamos para convocar a folga son:
Agardamos que o onselleiro de Educación rectifique, retire a circular 5/2009 e, en todo caso, abra un proceso de negociación; única maneira de impedir a Folga.
CIG CCOO FETE-UGT STEG
Horario das sedes:
10.00h-14:00h (Atención presencial e con cita previa)
16.00h-19:00h (Atención telefónica e con cita previa)
R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal
Ver en Google Maps