STEG ó día · STEG opina

15-03-2010

Crítica do STEG ante o peche da negociación do novo proxecto de Real Decreto de Concurso de traslados para o vindeiro curso 2010-2011

Concurso de Traslados

O Ministerio de Educación deu por pechada a negociación coas organizacións sindicais do proxecto de Real Decreto de Concurso de Traslados do profesorado non universitario adaptado á LOE, no que se inclúen outros procedementos de provisión de prazas equiparables ao mesmo concurso, que entrará en vigor o próximo curso 2010/2011. Esta actualización é o pretexto para introducir cuestións rexeitadas polas organizacións sindicais na fracasada negociación do Estatuto Docente, así como para rebaixar unha parte importante das condicións laborais do profesorado, as relacionadas coa súa mobilidade.

Como resultado da negociación, a administración aceptou que se contemple unha primeira resolución provisional do concurso, con dereito á renuncia, así como a posibilidade dos trocos. Porén, o STEG mantén a súa oposición a que no seu articulado:

1. Figure ningunha mención á recolocación ou supresión de postos de traballo por necesidades de planificación educativa, auténtica avanzadiña dun Estatuto do Profesorado sen negociar coas OO SS: o que se propón conduce a unha total falta de garantías xurídicas para o profesorado suprimido e a súa recolocación nos novos destinos, xa que pode realizarse fóra de concurso e con criterios sen definir pola Administración, o que confire unha gran inseguridade aos cadros. O Ministerio non aceptou a esixencia do STEG de que se retirasen os correspondentes artigos 8 e 9, así como da Disposición Adicional 3ª, de especial importancia para a mobilidade dos ensinos de Formación Profesional, co que presentamos unha nova redacción que garanta a estabilidade dos cadros e o mantemento dos dereitos do profesorado definitivo.

2. Se contemple na baremación a avaliación do profesorado, outro anticipo do Estatuto, sen unha normativa que a regule e, xa que logo, sen garantías de que se apliquen na mesma criterios obxectivos para unha baremación xusta. Tampouco é aceptábel a sobrevaloración que se dá aos cargos directivos e ás cátedras, primando ás xerarquías, coa conseguinte desconsideración para o labor docente, cando menos se rexeitamos a valoración dos traballos na administración.

3. Se ignore á representación do profesorado, afastando ás organizacións sindicais do control do proceso, o que implica menos garantías de obxectividade e ecuanimidade na súa resolución.

O STEG rexeita este proxecto de Real Decreto e denuncia o retroceso nas condicións de traballo que implica. Así mesmo, esiximos ao Ministerio de Educación que o Concurso de Traslados volva a ser Xeral e que non regule outros procedementos de provisión de prazas, que rectifique as súas propostas e que siga mantendo aberta a negociación cos sindicatos para que o profesorado se poida pronunciar sobre uns contidos que supoñen un grave recorte dos seus dereitos laborais. O STEG seguirá a comunicar á administración as alegacións necesarias e aproveitará todas as instancias, como o Consello Escolar do Estado, para asegurar os dereitos das traballadoras e traballadores do ensino.

Documento en pdf para imprimir

Texto borrador proxecto RD concurso xeral de traslados

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza