DECLARACIÓN EUROPA LAICA: 8 de marzo 2012
Que podemos celebrar este ano, cando dereitos básicos das mulleres están a sufrir un ataque brutal, nos ámbitos laboral e económico e desde a moral?
Europa Laica esixe non dar nin un paso atrás nos dereitos conquistados e loitar, con forza, polos que faltan por conquistar.
RESUMO DA DECLARACIÓN...
A igualdade de dereitos entre mulleres e homes, a pesares dos avances formais experimentados nas últimas décadas, está aínda lonxe de ser unha realidade cultural, social e institucional, como consecuencia dun ambiente patriarcal que se vive no seo da familias, nos centros escolares, nos medios de comunicación, nos centros de traballo, na política e na sociedade en xeral...
...As medidas políticas, económicas e de perda de dereitos que se están a tomar en todos os niveis do Estado, están a afectar -esencialmente- ás mulleres, mesmo recortando dereitos xa consolidados formalmente...
...A recente reforma laboral, xunto a outras medidas tomadas, como a reforma das pensións do un de agosto de 2011, ademais de constituír unha enorme agresión ao conxunto das traballadoras e dos traballadores, situarannos nun escenario de relacións laborais e de prestacións sociais, da época de Charles Dickens, do que celebramos o seu centenario agora…
…A precarización, a pobreza, os contratos lixo, agora denominados mini-jobs (mini traballos ou traballos precarios), teñen rostro de muller e, neste escenario, é moi probábel que unha afondación das políticas que igualen a homes con mulleres na vida laboral, afastarase por moito tempo…
…A conciliación da vida profesional e persoal non pode implementarse se non hai recursos e se non se negocia con traballadores e traballadoras, na plenitude dos seus dereitos e ese non é agora o clima laboral existente…
…Que podemos celebrar este ano no que se cuestionou formalmente o dereito das mulleres a decidir sobre a súa maternidade? No que as mozos ven entorpecido o seu acceso a fármacos que ata fai semanas eran de libre compra.No que se pretende limitar o dereito a unha saúde sexual e reprodutiva, en liberdade: As mulleres non necesitan a tutela de ninguén, son cidadás libres con plena capacidade de obrar e decidir…
…Que podemos celebrar cando os axustes orzamentarios que se están a producir, están a eliminar servizos básicos, que as mulleres maltratadas necesitan, para saír desa espiral de terror que é a violencia de xénero?...
…Que teñen que celebrar as mulleres españolas este 8 de marzo de 2012, no que hai un expreso intento de anular a súa liberdade de conciencia e os seus dereitos?...
…A moral católica non pode prevalecer sobre as leis que aprobamos, os dereitos das mulleres non poden ser menoscabados e anulados en virtude dunha crenza relixiosa…
…Europa Laica rexeita as reformas que non conducen a unha afondación da liberdade e da autonomía das persoas e DENUNCIA, neste Día Internacional das Mulleres, a imposición para todas dun código moral que só debe de obrigar a quen libremente o acepte e o manifeste no seu ámbito privado…